Conferencia Internacional 2009

Mineria Sostenible

 
15,16,17 _ Abril 2009
Palacio de Congresos e Exposicions de Galicia
Santiago de Compostela (A Coruña)

CONTACTO

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Secretaría Técnica

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Calle María Puga Cerdido, Edif. Lugrís Vadillo S/N 15009 A Coruña

Teléfono: 981 139 663

Fax: 981 139 664

Correo: cmg@camaraminera.org

Home Mais sobre Como chegar

Como chegar a Santiago de Compostela

Por estrada, a través da:

•    Autoestrada do Atlántico AP-9: que enlaza Santiago coas cidades da Coruña, Ferrol, Vigo, Tui e a fronteira portuguesa.
•    Autovía do Noroeste A-6: que comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo e cun enlace a través da AP-9 nas inmediacións da Coruña.
•    Autovía Rías Baixas A-52: que comunica Galicia e España a través da provincia de Ourense e enlaza con Santiago a través da AP-9 en Vigo ou da N-525 en Ourense.
•    Autoestrada AP-53: que enlaza Santiago e Lalín, onde se une á N-525 de Ourense a Madrid.
•    Estrada nacional N-634: conecta Galicia e Francia a través da costa cantábrica e ten o enlace con Santiago a través da Autovía do Noroeste A-6.

Podes ver un mapa de estradas de Galicia AQUÍ

En autobús

•    As compañías Alsa (902 422 242) e Socitransa (988 410 325) ofrecen viaxes de longo percorrido ás principais cidades españolas, Portugal, Alemaña, Francia, Bélxica, Holanda, Suíza ou Romanía.
•    A empresa Freire SL (981 588 111, Questo indirizzo e-mail è protetto dallo spam bot. Abilita Javascript per vederlo. ) conecta o aeroporto coa cidade.

A estación de autobuses está en San Caetano s/n, e podes contactar por teléfono no 981 542 416 e no 981 542 418.

En tren

A estación de tren de Renfe atópase na rúa do Hórreo s/n e os seus teléfonos son 981 596 050 e 902 240 202.

En avión

O aeroporto de Lavacolla está situado a 10 quilómetros do centro de Santiago, e dispón de servizo de alugueiro de vehículos, taxis e autobuses. Para ir do aeroporto ao centro da cidade pódese coller a N-547 que une Santiago e Lugo, ou a autovía A-54 que desemboca na circunvalación compostelá. Os autobuses Travide enlazan Lavacolla co centro da Coruña e os Freire SL cobren o traxecto Santiago-Lavacolla e viceversa. Para ver as compañías aéreas que operan neste aeroporto, preme AQUÍ

Outros aeroportos cercanos son o de Alvedro en A Coruña (a uns 60 minutos) e o de Peinador en Vigo (a 70 minutos aproximadamente).

Podes ver un mapa cos aeroportos galegos e as principais estradas AQUÍ

Viajes Ecuador, axencia de viaxes concertada para a Conferencia, ofrece os seguintes servizos aos asistentes:

•    Reserva e emisión de billetes de avión
•    Reserva de aloxamento nunha ampla gama de hoteis do centro de Santiago. Para ver os hoteis ofertados, preme AQUÍ
•    Traslados aeroporto-hotel desde os tres aeroportos Galegos (A Coruña-Alvedro, Santiago-Lavacolla e Vigo-Peinador)
•    Outros servizos a medida


Para información e contratación, contacta con:


Viajes Ecuador
Tel.: (0034) 981 585 655
Questo indirizzo e-mail è protetto dallo spam bot. Abilita Javascript per vederlo.

 

Para chamadas internacionales, marca 0034 antes do número de teléfono.

 

Medallas